miércoles, 17 de septiembre de 2008

Merenda inicio de curso

Con motivo do inicio do curso acedémico, os xogadores infantís das EDM Chantada, celebraremos unha merenda maña xoves a partir das 17:00 horas (cinco da tarde) no parque de O Sangoñedo.
Non fai falla que traiades nada; só gañas de pasalo ben cos compañeiros.

lunes, 15 de septiembre de 2008

ED Chantada 4 - AD Praia de Covas 1

Xornada 2: ED Chantada 4 - AD Praia de Covas 1.
Parecía que despois da derrota ante o Sagrado Corazón estabamos perdidos en terreo de ninguén, pero chegounos a inspiración. O pasado sábado acadamos a primeira victoria da temporada, aspecto completamente secundario ó xogo do equipo.
O primeiro tempo foi bastante igualado, dado que os visitantes comezaron dominando a parcela central do terreo de xogo e levando incertidume preto da área de Álex. Non obstante, pouco a pouco, puidemos sacudirnos con certa solvencia ese dominio. De feito, nos últimos 20 minutos deste primeiro tempo chegamos con claridade en varias ocasións (Michi, Adri e Dani a pases de Iván e Manuel), concretando unha delas Michi no minuto 30. Co 1-0 chegamos ó descanso.
Un descanso que nos veu particularmente ben, pois no segundo tempo as Escolas mostramos os inicios do que todos esperamos sexa a nosa forma de xogar o longo de toda a temporada. Conforme foron pasando os minutos, fomos capaces de facernos dominadores do partido, creando numerosas ocasións que nos costou moito converter en gol. Preto do minuto 10, un erro local permitiu ó Praia empatar o tanteador, pero acto seguido, tras unha xogada na que Hugo gañaba a liña de fondo, Iván establecía o 2-1. A partir dese momento as ocasións sucederonse e Michi, de novo, e Samuel a 5 minutos para o final, estableceron o 4-1 definitivo.
A clave: Unha solida defensa, con laterais que escolleron moi ben as ocasións en que debían doblar e dous interiores que souberon abrirse no segundo tempo para desconxestionar a zona central.

Felicidades a todos.