viernes, 16 de enero de 2009

Actualización

En próximas datas actualizarei o curruncho... perdoade as molestias que vos puidera ocasionar esta quincena sen espacio virtual, pero na vindeira semana completarei información.

Un saúdo a tódolos seguidores do curruncho.

miércoles, 17 de diciembre de 2008

Entenamentos no Nadal 2008

A continuación as datas dos entrenamentos do próximo Nadal 2008: serán todos as 11:00 no Campo de O Sangoñedo.
Semana do 22 ó 28 de Decembro:
Descanso
Semana do 29 de Decembro ó 4 de Xaneiro:
Entrenamento o Martes día 30 de Decembro e o Venres día 2 de Xaneiro.
Nota: Sábado 3 de Xaneiro - Burela vs EDM Chantada

Tempos Test Zig-zag Agility

A continuación deixovos os tempos recollidos con plataforma de contactos na sesión de fútbol 11 infanil realizada o martes 16 de Decembro:

Ano 1995:
Adrián López - 6,736 - 6,653
Bruno López - 6,267 - 6,134 - 6,188
Cristian Antón - 6,649
Daniel Delgado - 6,826 - 6,881
Darío López - 6,770 - 6,654
David Temes - 6,762
Iván Gayoso - 6,395 - 6,171 - 6,267
Miguel Albelo - 6,500 - 6,461 - 6,627
Miguel González - 6,521 - 6,397
Pablo Varela - 7,390

Ano 1996:
Christian Fernandez - 6,547 - 6,774
José Luis Sastre - 7,307 - 7,112
Miguel Carnero - 6,903 - 6,598
Noé Ramos - 7,110 - 7,023
Samuel Linares - 6,333 - 6,425
Saúl Linares - 6,551 - 6,550

Notas: en vermello os tempos por debaixo de 6,300 // en verde os tempos por debaixo de 6,500.

Non obstante os datos están semifalseados ó non realizar a proba nas mesmas condicións tódolos participantes. En vindeiras datas, realizaráse novamente o test.

lunes, 15 de diciembre de 2008

Xornada 15: EDM Chantada 3 - SD Ribadeo 1

A pasada xornada de fútbol infantil en O Sangoñedo deixou 3 puntos no casilleiro local.
O pasado sábado día 13 os rapaces das EDM Chantada coneguiron sumar os 3 puntos ante un Ribadeo que partía como favorito para este encontro. Os mariñaos que visitaban Chantada logo de perder pola mínima ante equipos importantes como Viveiro e Sagrado Corazón non foron quen de conseguir sumar en O Sangoñedo (campo do que só se escapou o punto da SDC Residencia).
Comezou o partido con claro dominio visitante, que paulatinamente foi desaparacendo a medida que pasaban os minutos. Contados centros levaron perigo á área de Álex (córners, faltas e xogadas derivadas das caídas á banda do dianteiro visitante). Pola súa parte, os chantadinos so se achegaron en varios saques de esquina con remates de Adri e David. No minuto 30 un centro de Iván é recollido dentro da área por Migui, que logo de regatear ó porteiro é derrivado por un defensa do Ribadeo. O encargado de transformar o penalti foi novamente o porteiro Alex... Con este 1-0 chegaríase ó descanso.
Na reanudación o partido seguiuse a xogar en campo chantadino, aínda que ben é certo que non houbo un dominador claro. O máis salientable foron dous anzamentos de Adri logo de ´dous pases en profundidade de Iván. Contra o minuto 20, Pedrosa (o mellor do Ribadeo) foi expulsado por dobre cartón amarelo.Nese momento parecía que o partido estaba controlado, gañando 1-0 e cun xogador máis. Contra o minuto 30, un erro en cadea de lateral e centrais chantadinos logo dun saque de banda, deixa a un visitante fronte a Álex, quen resolve cunha vaselina á que non pdoe chegar Noé.
Parecía que novamente os infantís se complicaban a vida nun partido controlado. Non obstante, ós poucos minutos, apareceu unha combinación entre Iván e Adri quen cruza ante a saída do porteiro e establece o 2-1. Acto seguido, nun saque de portería do Ribadeo, moi atento, Adri recupera o balón e supera ó porteiro dende a frontal da área. E xa deica o final do partido non moito máis que salientar.
A nota negativa: deixarse empatar xogando contra 10.
A nota positiva: a remontada.

jueves, 11 de diciembre de 2008

Xornada 14: ED Lourenzá 1 - ED Chantada 1

O pasado sábado as ED Chantada infatil desprazaronse ata Lourenzá para desputar a 14ª Xornada do Campionato de Liga Infantil. Nun partido marcado polo moi mal estado do terreo de xogo, os rapaces chantadinos só puideron colleitar 1 punto.

Comezou o partido con dominio visitante, e os primeiros achegamentos dos chantadinos que, inexpertos nesta superificie, tentaban chegar á área rival a través de combinacións. Non obstante, as constantes caídas e imprecisións voclaron o resto do partido cara un xogo directo nada vistoso. A pesar diso o dominio era visitante con algunha que outra aproximación das ED Lourenzá a través de rápidos contraataques. Nun deles, Pichi, dianteiro local, facia o 1-0 logo de rebasar ós dous centrais descolocados e o porteiro, que saíu quizáis precipitadamente da súa portería. Pouco despois Adrián establecía o 1-1 logo dun centro de Migui que David non atinou a rematar. Pouco máis deica o descanso (dous achegamentos chantadinos claros e dúas faltas laterais perigosas para os de Lourenzá).

Na reanudación, as ED Chanatda seguiron levando o peso do partido nun inicio, aínda que co paso dos minutos e o carrusel de cambios, o segundo tempo converteuse nun continuo de contraataques para os dous equipos. Todo isto, viuse incrementado cando os chantadinos quitaron un compeñente da liña defensiva para poñelo de dianteiro, quedando con defensa de tres. A partir deste momento: ocasíón fallada a portería valeira polo Lourenzá; 1x1 de david que non acerta a marcar; contraataque do Lourenzá que desbarata Christian no punto de penalti cando un xogador de Lourenzá se dispoñía a rematar só; un xogador do Lourenzá agarra a David cando este ía só cara o porteiro; David lanza ó pau; contraataque do Lourenzá que Artai corta en falta e o árbitro sinala como penalti; as ED Lourenzá fallan o penalti; Migui lanza unha falta na frontal da área moi alta; Iván fai o mesmo; triple ocasión de que primeiro desbarata David contra o porteiro, logo a lanzamento de David falla un defensa baixo a liña de gol e por último Migui non acerta a rematar salvando novamente un defensa baixo paus...

En fin, unha moi apasionada para os espectadores pero pouco afortunada para ámbolos dous equipos. O mellor, a cordialidade dos afeccionados i equipos durante os 80 minutos.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Paxina web das EDM Chantada

Dende a pasada semana estase actualizando a páxina web das EDM Chantada. Nela poderes acceder a diferentes información como: horarios dos partidos de fútbol sala, fotogarfías dos diferentes equipos e de cada xornada, blogs de interese, etc.
Por exemplo, na sección de fotos poderedes ver as relacionadas con diferentes partidos desta temporada das categorías infantil e alevín. Así mesmo, poderedes ver a foto de grupo que sacastes no Corre con Nós en Lugo.
Xa sabedes, se bos queredes ver guapos non fagades click na seguinte dirección:

Nome da mascota

Por un apretado 6 a 5 e logo de dúas enquisas, os votantes seleccionaron o nome de SUSO para a mascota do equipo. Dende este momento, queda bautizado e así lle deberemos chamar respetando un proceso democrático como o que se seguíu.

Felicidades SUSO... a nosa mascota xa ten o teu nome.

Seleccións Comarcais de futbol sala

O pasado domingo tiveron lugar os primeiros adestramentos das selecións comarcais de fútbol sala Lugo Sur. No que respecta ós combinados locais, os rapaces que asistiron á convocatoria foron:

- Benxamíns: Manuel Pérez e Rubén Vázquez
- Alevíns: Pedro Delgado, David Manuel López, David Diéguez,Alejandro Delgado e Sergi Batlle.
- Infantís: Samuel Linares, Miguel Carnero, Alejandro Moure, David Temes e Iván Gayoso.
- Cadetes: Juan David Arciniegas (Juancho) e Bruno Soares (Portu).

Dende este blog felicitalos a todos pola súa sistencia e agradecerlles a participación.

Xornada 13: EDM Chantada 6 - Atlético Abuín 1

O pasado sábado, o equipo infantil das Escolas, colleitou a súa sexta victoria da temporada nunha mañá na que as inclemencias do tempo foron as auténticas protagonistas (de feito, á maioría dos partidos foron suspendidos).


Os locais formaron de inicio con Alex, Joji, Hugo, Pablo, Bruno, Artai, Manuel, Dani, Adri, Michi e David; entrando no segundo tempo Samuel, Saúl e Javichu. Os goleadores locais foron Michi (2), David, Saúl, Adri e Alex (estes tres últimos estreáronse na Liga como goleadores).


Pola sua parte, os alevín volveron gañar con solvencia nun partido que dominaron de principio a fin e seguen sendo claros dominadores da comeptición.

lunes, 24 de noviembre de 2008

Semana de descanso informático

Logo dunha semana de descanso informático e deportivo, retomamos o curruncho co partido fronte á Residencia esquecido. A próxima semana visítanos o Abuín no Sangoñedo. Esta semana deberemos traballar duro para colleitar os próximos tres puntos.

viernes, 14 de noviembre de 2008

ED Chantada Infantil do Brasil

Visto o interese que espertou en vós ó link para traducir o nome ó brasileiro, deixovos unha lista dos nomes de todos, para que pasedes un anaco agradable ríndovos dos nomes dos vosos compañeiros.

Quedádevos co que máis vos guste:

Alejandro Moure Vázquez – Mourinhosa
Saúl Linares Payo – Sando Linarao
Samuel Linares Payo – Samaldo Linarisco
José Luís Sastre – Luosa ou Luimo
Noé Ramos Rodríguez – Noeta Santos
Bruno Rodriguez López – Brunildo Roa
Hugo Fernandez Eyré – Huguisco, Hugimo ou Ferdeirinha
Miguel González – Miguson ou Gonzalson
David Temes – Davildo ou Temeça
Pablo Varela – Varelosa ou Vaimo Santos
Cristian Fernández – Fernandinho ou Cristiaça
Iván Gayoso – Ivildo, Iverto ou Giosa Sa
Daniel Delgado – Danisco, Dinho ou Danildo
Manuel Fernández – Manuio
Artai Novoa Gomez – Artaildo
Javier Corredoira Sanchez – Corredson ou Saldo Ca
Darío López – Dainho, Darildo ou Lopeca
Miguel Carnero – Miguisco Santos ou Michiano
Miguel Alvelo Prado – Pradaldo ou Alvelildo
Cristian Antón – Cristisco Sao u Antildo
Adrian Lopez Baltar – Adraça, Baltaldo ou Adrinho Santos
David Expósito – Expaldo ou Inhosa
Héctor Souto – Siano ou Souvinhosa

martes, 11 de noviembre de 2008

O teu nome en brasileiro

Fai click no vinculo que aparece abaixo e busca o teu nome en brasileiro. Se algunha vez chegas a xogar ca selección canarinha xa terás o nome buscado.

http://www.minimalsworld.net/BrazilName/brazilian.shtml

domingo, 9 de noviembre de 2008

Resultados Xornada 10

Fai click sobre a imaxe para ampliala

Xornada 10: Viveiro 3 - ED Chantada 1

O pasado sábado o equipo infantil das EDM Chantada desprazouse a Viveiro para desputar a xornada 10 do presente campionato ligueiro. Nun partido que parecia a priori moi complicado, os chantadinos fixeron un dos seus mellores partidos, sendo dominadores do encontro no primeiro tempo e tratando de saír a través de contraataques no segundo.

O partido comezou mal dende o primeiro minuto, cando un lanzamento moi lonxano dun xogador vivariense, que colle a Álex moi adiantado pasándolle por encima, entra na rede logo de ser desviada a súa traxecoria orixinaria polas irregularidades do campo (ía por fóra da portería). Non obstante, as Escolas lonxe de entregar o partido, comezaron a dominalo achegando vos momentos de xogo combinativo que traian perigo ás inmediacións da área local. Nunha desas chegadas Migui cae na área ante unha entrada dun xogador do Viveiro concedendo o árbitro a lei da vantaxe a prol do equipo local (tanto Migui como outro xogadores chantadinos aseveraron que foi un penalti moi claro; eu mesmo tamén o creo así, pero os árbitros non teñen sempre unha boa perspectiva das xogadas e obviamente non poden velo todo). A pesar diso, as achegas chantadinas tiveron o seu froito nunha internada de Iván, quen centrou para Dani, aínda que foi o central local o que introduciu o balón na súa propia meta. Minutos despois, nunha xogada trenzada Dani pásalle a Iván na frontal da área, i este con todo a favor, non acerta a controlar ben. Non obstante, a un minuto do descanso Jorge Alberte pichichi da categoría vaise de 4 xogadores chantadinos e establece a portería valeira o 2-1. Un 2-1 que para nada fixo xustiza ó ocrrido no campo.

No segundo tempo, os chantadinos trataron de inicio de facerse cas rendas do encontro, pero non lles foi posible, cedendo campo ó Viveiro quen aínda achegandose con máis perigo que as Escolas non óron domiandores claros deste tempo. No minuto 20 do segundo tempo nunha xogada de centro remate o Viveiro puxo o definitivo 3-1.

A miña valoración persoal é moi boa, pois pese ó resultado todos puxeron un grao de área moi grande para facer que o equipo medre. A concentración de tódolos xogadores durante o partido foi óptima, e cada un aportou o máximo que del se agarda. Tanto é así, que podemos dicir que este é o primeiro paso dunhas Escolas que poden aspirar a máis nesta temporada.

Felicidades por este partido, no que fixestes ás Escolas moito máis grandes e ó Viveiro un pouquiño máis pequeno do que a xente asegura que é.

domingo, 2 de noviembre de 2008

Crónica da Xornada 9

Na mañá do sábado 1 de Outubro, alevíns e infantís das EDM Chantada desputaron os seus respectivos encontros no Sangoñedo; unha maña condicionada por unha climatoloxía adversa caracterizada por moito frío e moitisima auga.

Coma de costume, os alevíns das EDM Chantada, que xogaban contra o Sagrado B na xornada 3, colleitaron unha ampla victoria, que ó termo dos 60 minutos reflexou un contundente 9-0. De principio a fin foi un partido sen historia na que os rapaces de Jorge amosaron un xogo combinativo moi acusado que propiciou numerosas ocasións de gol, facendo o encontro moi vistoso para os afeccionados locais.

Xusto despois, os infantís acometeron a súa xornada 9 na que se enforntaban ó San Xosé, equipo filial do Sagrado Corazón. De principio a fin, e pesar de diversas imprecisións, os chantadinos dominaron a posesión do esfericos durante os 80 minutos achegándose en numerosas ocasións á portería lucense, pero ben é certo que sen crear excesivo perigo. No primeiro tempo, cabn destacar varios lanzamentos dende fóra da área de Dani e Artai, dúas internadas de Adri e varios centros de Joji; aínda que o gol foi obra de Darío a pase de Adrian logo de que este recibira un pase en profundidade das botas de Iván. No segundo tempo, a tónica foi similar, cunhas EDM Chantada volcadas e tratando de aumentar o marcador. Con todo, a pesar do dominio as ocasións non daban chegado con excesiva continuidade,e aquelas que o facían eran marradas polos dianteiros chantadinos: en sendas ocasións Dani e Darío quedaron sós diante do porteiro pero non concretaron. Quen sí o faría sería Samuel, que aproveitou o rexeite do porteiro rival a lanzamento de Dani, para establecer o definitivo 2-0. Pola súa parte, mencionar o excelente traballo da liña defensiva, que evitou que Alex tivese que traballar o máis mínimo, limitando a súa actuación a unha saída da área para despexar un balón no primeiro tempo.


martes, 28 de octubre de 2008

Entrevista a Guillermo García, coordinador das EDM Chantada

"Nacín en A Coruña hai xa 39 anos. Vivín 3 anos en Bilbao e 7 en O Saviñao, pero dado que levo 28 anos en Chantada, considérome se lugar a dudas un chantadino de pro. Empecei a adestrar en 1989 (xa casi levo 20 anos adestrando), e actualmente adícome de xeito profesional (de momento) ó deporte...", así se presenta o coordinador das Escolas Deportivas de Chantada, pero como creo que este resumo é moi curto, pasaremos a facerlle algunhas preguntas.

Héctor: ¿Como e cando comezaches no mundo do deporte? Dende os inicios...
Guillermo: Os meus comenzos co deporte reglado son ós 11 anos, pois empecei a competir en Atletismo no deporte escolar alo polo ano 1980, representando ó Colexio hoxe chamado Xoán de Requeixo. Creo lembrar que quedei 4º provincial dos 150 metros en categoría alevín.

Guillermo é o segundo empezando pola dereita

Logo recordo que cos amigos xogabamos ó Fútbol sala a todas as horas, incluso e dado o nulo interés polo Fútbol Base naquela época nesta vila, lembro perfectamente que organizamos nos mesmos unha liga, cada un poñía cartos e compramos unha copa para o 1º clasificado: xogaban equipos con nomes como Atlético Estrella, Vistalegre, Zaquín… e xogábamos nunca pista exterior de cemento que había no IES “Lama das Quendas”. Desta época lembro tamén que con 12 anos quedei fora dos infantiles da SD Chantada alo polo ano 1981. Foi unha das desilusións máis grandes que tiven na miña infancia, lembro que eramos máis de 35 rapaces e quedaron fora do equipo 15, eu entre eles. Dende entonces teño claro que mentre eu siga adestrando NINGÚN rapaz con ganas de xogar o Fútbol vaise quedar sen equipo no que xogar. Tamén recordo perfectamente que (como cabezón que son) volvín a intentalo ó ano seguinte, esta vez si me colleron e fun titular, quedamos Campións Provinciais Infantiles. Como anécdota decir que nesa época só nos daban a camiseta para os partidos, cada xogador levaba da súa casa as medias e o pantalón que tivera.
Guillermo, primeiro pola esquerda na fila de arriba,
co equipo infantil de fútbol campión provincial na temproada 82-83
Posteriormente debutei en Regional Preferente con 16 anos (hoxe en día non llo recomendo a nadie, cada rapaz debe de xogar na categoría que lle corresponde para evitar lesións, poucos minutos de xogo, e non privarse de estar cos amigos). A título persoal advertir que a día de hoxe e debido a especialización precoz que tiven de de rapaz, sufro innumerables lesións: problemas de xeonllos e nocellos, lumbalgias,etc. A maioría evitables cun mellor adestramento e menor competividade.).

Tamén teño moi bon recordo en categoría cadete alo polo ano 85 en Balonmán, pegámoslle auténticos repasos a Monforte e equipos de Lugo capital. Pero por enriba dos resultados, lembro perfectamente que os mellores recordos eran as viaxes, adestramentos e a convivencia diarias cos compañeiros. Hoxe en día case parece obligatorio que os rapaces teñan ídolos nos futbolistas profesionais, eu personalmente naqueles anos tiña como referente e sigo gardando gran admiración a Manolo Martínez, o meu profesor de Educación Física do Instituto que me inculcou a gran importancia de practicar deporte.

Guillermo, segundo pola esquerda na fila de abaixo co equipo de balonmán do IES Lama das Quendas

Héctor: É inevitable mencionar que as Escolas Deportivas xorden da cabeza de Guillermo, pero ¿como nacen as Escolas? ¿como fóron os inicios? ¿e cómo evolucionan ata a actualidade?

Guillermo: As Escolas Deportivas nacen dun proxecto creado entre Jorge González Ledo (Licenciado en E.F.) e eu alo polo ano 1994 en vista das carencias deportivas na nosa vila. Pouco despois Jorge marchou traballar a Vigo. Así que en 1995 asumín en solitario a xestión e organización, tendo dende entonces o apoio imprescindible do Concello de Chantada e con todos os Concelleiros de deportes destes anos volcados neste proxecto.

Creo que nestes 14 anos demostrouse que si das opcións, a xente responde e practica deporte. Aínda que lle moleste a algúns, somos un referente non só en Lugo senon tamén en Galicia. Nesta vila hai xente que presume de estar en clubes con máis de 38 anos de existencia, eu só digo que as Escolas Deportivas de Chantada moveron máis xente en 14 anos que o resto de clubes en 40.

Héctor: Un cálculo rápido ¿cantos deportistas pasaron dende o 1994 polas Escolas Deportivas? ¿Cantos son profesionais? ¿Cantos crees que seguen a practicar deporte?

Guillermo: Nestas 14 tempadas, pasamos dos 291 inscritos no ano 1995, ao récord que batemos o ano pasado con 636 inscritos. A parte dos rapaces, tamén traballamos con adultos, 3ª idade e discapacitados. Eu calculo que en todos estes anos levan pasado polas Escolas Municipais máis de 5.000 persoas. Profesionais debemos distinguir 2 tipos: adestradores e deportistas. Adestradores que vivan desto pode haber unha ducia. Deportistas claro está que Fran Vázquez, xogador internacional de Baloncesto; pero está claro que o máis importante é que creamos hábitos saúdables entre miles de chantadinos que seguen a practicar actividade física.

En relación a última pregunta, decir que para min é un orgullo que rapaces que empezaron conmigo con 8-15 anos, e que hoxe son Abogados, Arquitectos, Inxenieiros, etc. seguen a facer deporte. Creo que nós (todos os monitores) axudamos a inculcar o valor da práctica deportiva durante toda a vida da persoa. Isto demostra que o deporte non interfire nos estudios, todo o contrario, é un complemento ideal.
Héctor: Como queda claro que tes vivencias, experiencias e coñecementos para darnos unha visión do entramado estructural do deporte; queremos saber ¿cal é o enfoque co que debe afrontar un deportista a súa actividade habitual?
Guillermo: Tendo en conta que de cada 5.000 deportistas so chegará 1 a ser profesional, está claro que debemos inculcar o deporte como un medio, unha ferramenta, a través do cal conquerimos importantes logros: saúde, socialización, educación integral, catarsis, e como non, un xeito divertido e motivador de utilizar o noso tempo libre. A inmensa maioría da xente que practica/practicou deporte fai unha valoración positiva desta actividade física. Resumindo miles e miles de persoas non poden estar equivocadas.

Héctor: Como este é un blog adicado case en exclusiva ó fútbol, ¿que che gusta deste deporte e que eliminarias do mesmo?

Guillermo: O Fútbol como actividade deportiva paréceme estupenda. Quizáis faría algúns trocos no regulamento para conquerir máis goles por partido. Esta claro que rematar partidos con resultados de 0-0, 1-1 e polo estilo, fan este deporte (as veces) moi aburrido. Tamén introduciría o Fútbol a 9 en categoría infantil, coido que a esta idade o campo é un pouco grande para as súas condicións físcas, técnicas e tácticas. Fun un dos defensores do Fútbol 7 no seu comenzo en Galicia (en 1992), e estou convencido das súas ventaxas en idades tempranas.

Campionato de fútbol 7 no Poblado de FENOSA en 1998

O que menos me gusta (a parte das lesións) e o mundo paralelo que o rodea: intereses persoais, diñeiro, política, violencia, etc.; pero o grave é que estas lacras tamén chegaron hai anos, non só o Fútbol profesional, senón tamén o chamado “Fútbol afecionado".

Héctor: Algunha anécdota nestes últimos anos...

Guillermo: Teño que admitir que lembrando os comenzos no 1994, non me podía imaxinar todo o éxito das Escolas Deportivas co paso dos anos. Realmente excedéronse as expectativas máis optimistas. Pero quero deixar claro que estes éxitos pertencen a todos en xeral (participantes, pais, monitores, Concello, etc.)

Héctor: Algunha frase celebre ou idea para a práctica deportiva...

Guillermo: Como filosofía para afrontar a páctica deportiva, por coincidente, gustariame destacar unhas palabras de Matt Biondi (varias veces campeón olímpico e do mundo de natación): “Hai demasiada énfase no éxito e no fracaso e moi pouco en como a persoa progresa a través do esforzo. Disfruta da viaxe, goza cada momento e deixa de preocuparte pola vitoria e a derrota”

Dende aquí, agradecer o tempo adicado a entrevista e a confesión de toda unha vida adicada a práctica deportiva cuns valores firmes, que ademáis de facilitar a práctica deportiva á milleiros de chantadinos, seguen a inculcarse en todos e cada un dos rapaces que pasan polas súas mans (entre eles eu que comecei nas Escolas alá polo ano 1994).


¡¡¡Moitas gracias "Guille"!!!


lunes, 27 de octubre de 2008

O GRAN DILEMA: buscándolle nome á mascota

A enquisa da semana pasada deixa claro que todos estades dacordo ca incorporación da mascota do equipo para alevíns e infantis; pero ademáis diso, nun 92% dos casos afirmastes que lle había que buscar un nome. Así, durante a presente semana, a parte do fútbol, teremos un gran dilema nos equipos alevín e infantil das EDM Chantada; de novo xogamos como locais e: ¡ Aínda non temos nome para a mascota !




Pois ben, como hai que poñerlle fin a esta situación, invítovos a que na sección comentarios deixedes a vosa proposta para o nome do gorila. Tódolas propostas enviadas,entrarán na enquisa na semana próxima para que vós mesmos votedes o nome definitivo. Ademáis, o rapaz que sexa autor do nome que definitvamente saia escollido recibirá un premio pola sua orixinal idea. Para iso é necesario que xunto ca proposta deixedes o voso nome. Por exemplo:
- Nome da masctoa: Goliche.
- Autor: Héctor

Un saúdo, e a pensar... que para iso temos a cabeza sobre o pescozo.

Clasificación Liga Infantil


Fai click na imaxe para ampliala

Crónica da Xornada 8

O sábado 25 ás ED Chantada alevín e infantil desprazáronse a Lugo para desputar un dobre encontro contra a SDC Milagrosa no Campo Municipal Luis Perez Gorgoso (FRIGSA).

Ás 10:45 horas, os rapaces alevíns enfrontáronse á SDC Milagrosa C, colleitando unha nova e abultadísima victoria que os segue mantendo no coliderato da competición. Os de Jorge, suman así dúas victorias en outras tantas xornadas e afiánzanse xunto co Vilalbés, Becerreá e Lugo como claros favoritos a conquerir o campionato.

Acto seguido os rapaces dos infantís enfrontáronse á SDC Milagrosa infantil, un equipo que está chamado a xogar a fase de ascenso a Liga Galega. De feito, a tónica do encontro foi o dominio deos lucenses que mandaban xa por 3-1 no descanso. Non obstante, os chantadinos, no afán de ser ambiciosos e non renunciar ó partido, acometeron un cambio táctico, a fin de dotar de máis profundidade o seu ataque... este aspecto levounos a conseguir sumar dous novos goles neste segundo tempo... aínda que o resultado final foi de 9-3. Os goleadores chantadinos, nesta ocasión foron Migui (1 gol) e David (2 goles).

Con todo, e dende a distancia, quero felicitarvos a todos, porque a pesar do 9-3, no entrenamento do martes demostrastes que non vedes limitacións para este equipo, o que creo que vai supoñer un novo aire para todo o equipo nas próximas xornadas.

domingo, 19 de octubre de 2008

Resultados e Clasificación - Xornada 7

Unha semana máis procedo a deixarvos a clasificación e os resultados da Segunda Autonómica Infantil - Grupo 9 (Provincia de Lugo), na que non houbo resultados sorpresa, salvo as apuradas victorias da Residencia B e do Viveiro, ante Praia de Covas e Lugo B respectivamente.


Datos extraidos da web da SDC Polvorín

Entrevistas

En vindeiras datas publicarase a primeira entrevista do noso blog, que ten como entrevistado a Guillermo García Freire, coordinador das EDM Chantada. Ademáis, dados os resultados da enquisa realizada no blog, o segundo entrevistado será un xogador do equipo ínfantil das EDM Chantada, que será escollido a sorteo puro nun dos adestramentos de fútbol-sala.

sábado, 18 de octubre de 2008

Alevíns e infantís colleitan sendas victorias

Hoxe, sábado 18 de Outubro, alevíns e infantís desputaron os seus encontros ligueiros en O Sangoñedo.

Categoría alevín: Xornada 1: ED Chantada 6 - SD Milagrosa B 2


Ás 10:30 horas daba comezo unha nova edición da Liga Alevín, na que as ED Chantada se enfontaban á SD Milagrosa B. A priori, os favoritos eran os milagrosistas, dado que xa levan 3 anos de competición de fútbol 7. De xeito, a pocuo de comezar o partido Mario (xogador de Portomarín que o ano pasado foi ca selección Lugo Sur de fútbol sala) inauguraba o marcador nun contraataque. Non obstante os locais repuxeronse e conseguiron o 1-1 antes do descanso. O segundo tempo comezou con moitísima igualdade, aínda que ca mesma tónica, dado que a pouco de empezar a Milagrosa facía o 1-2. A pesar diso os rapaces que adestra Jorge seguiron esforzándose, e pronto conqueriron o 2-2 e 3-2, dándolle así a volta ó marcador. A partir desemomento o dominio foi das ED Chantada, salvo algunha excelente intervención de Matías, ata consumarse o definitivo 6-2. Polo equipo local zogaron: Ferreiro, Matías, Méndez, Xabi, Carlos, Sergi, Alex, Heber, Adri, David Manuel e Felix.

Os alevíns no descanso do seu partido atendendo ás explicacións do entrenador.


Categoría infantil: Xornada 7: ED Chantada 2 - CD Foz 1

Ás 11:30 horas os infantís enfrontáronse ó CD Foz, un equipo que aspira a estar nos postos altos da clasificación. Comezou o partido con dominio das Escolas, que se achegaban con certa facilidade ata o marco riva, de feito, Adri tivo un man a man co porteiro e Ivi rematou na frontal da área pequena, pero ambos sen éxito. Pero pouco a pouco o Foz foise achegando á portería chantadina e facendose co dominio do xogo, sendo que nunha ocasión por banda unha xogada de centro remate, acabaría supoñendo o 0-1. Con ese resultado ó descanso, e con certos axustes no equipo das Escolas, comezou o segundo tempo, que en principio foi moi igualado, ata que no minuto 10, un xogador do CD Foz propina unha patada sen balón a Migui Glez, sendo expulsado. A partir deste momento, e aínda sen facerse co xogo de forma total, as Escolas si comezaron a achegarse a portería do Foz tímidamente. Nunha ocasión no minuto 30, David Temes (que xogou o segundo tempo de dianteiro) recibiu un pase o espacio, gañou a liña de fondo, desfíxose de dou xogadores da mariña e centrou atrás para que Samuel fixera o empate. E, cinco minutos máis tarde, nun cambio de orientaciónd e Iván, Samuel internouse na área centrou atrás, e David nunha reviravolta perfecta anotou o definitivo 2-1. En conclusión, unha victoria moi sufrida, na que o equipo mariñán igual mereceu algo máis.
Por certo, hoxe estreouse como afeccionado a nosa mascota, a cal está a buscar nome para próximas datas, sería interesante que lle propuxerades ó voso adestrador un nome.

jueves, 16 de octubre de 2008

Resultados e Clasificación - Xornada 6

Aínda que as ED Chantada descansaron na presente xornada, a segunda autonómica infantil seguíu o seu discorrer habitual, sen grandes novidades, e cos equipos da zona alta gañando xornada a xornada.

Fai "click" sobre a imaxe

martes, 7 de octubre de 2008

Entrevistas persoais

Unha vez pechada a enquisa, comentarvos que por maioría saíu eleixida a opción "entrevistar a xente relacionada cos diferentes ámbitos do deporte". Deste xeito, e quincenal ou mensualmente iranse publicando diferentes entrevistas a xente relacioanda co deporte, que na súa maioría terán que ver co deporte local.
Non obstante, como administrador, desexaría que todos participásedes na configuración da mesma, enviando preguntas que se lle poidan formular á persoa en cuestión. Ademáis diso, tamén me gustaría darvos a escoller a vós entre diferentes personaxes, para logo poder levar a cabo a entrevista; non obstante, a primeira entrevista gustaríame iniciala co coordinador das ED Chantada, Gillermo García Freire, para que vos conte como foron os seus pasos no mundo do deporte dende cativo ata a actualidade.
Unha vez proposto o entrevistado, gustariame que enviasedes algunha pregunta para el empregando o link de COMENTARIOS.

lunes, 6 de octubre de 2008

Resultados e clasificación da xornada 5



A partir desta xornada, gracias á colaboración e dedicación de Emilio (entrenador do AD Praia de Covas) xa podes consultar case a tempo real os resultados e a clasificación da liga infantil no link da páxina de futbolme.

Moitas gracias Emilio.



Xornada 5: RC Vilalbés 1 - ED Chantada 1

O pasdo sábado 4 de Outubro o equipo infantil desprazouse a Vilalba para desputar o encontro correpsondente á xornada 5 do campionato de liga, no que a priori era un partido complicado. E de feito así o foi, xa que durante os 80 minutos de xogo o dominador claro do encontro foi o Racing Vilabés.
Durante o primeiro tempo, o equipo local achegouse en innumerables ocasións ás inmediacións da portería defendida por Álex; non obstante, o gol íaselles resistir a causa das excelentes intervencións de Aléx, e dunha actitude defensiva moi acusada tanto da liña defensiva (Adri, Hugo, Bruno e David) como das aportacións da liña de medios (sobretodo Iván e Samuel que traballaron incansablemente durante este período).
A tónica do segundo tempo foi similar, aínda qeu ben é certo que nos achegamos en algunha ocasión máis á portería do Vilalbés. Con todo, no minuto 10 do segundo tempo o Vilalbés adianteriase gracias a un gol dende a frontal da área o que Álex non chegou por pouco. Non obstante, as Escolas reaccionaron ben e nos próximos minutos achegaronse tres veces con moito perigo a portería local unha nas botas de Michi e dáus nas de Iván; e foi este quen na súa primeira ocasión estableceu o 1-1 despois de realiar unha excelente parábola por encima do porteiro.


Michi, minutos antes de lesionarse driblou a 3 defensas e estivo a piques de marcar.

De aí ó final, tocounos sufrir unha avalancha de ocasións que por unhas ou por outras, e con moitísimo traballo colectivo permitíunos acadar ese punto, a pesar de xogar os últimos dez minutos con 10 xogadores, dada a lesión de Michi.

En conclusión, a parte das ocasións visitiantes, podemos sentirnos moi contentos do traballo solidario de tódolos compoñentes do equipo, froito do cal obtemos este valiosísimo punto.

As notas moi moi negativas, foron as lesións de Expo (que xa sabía que ía ser o seu derradeiro partido nuns meses por unha afección nos xeonllos) e Michi (que sufríu unha fractura de muñeca tras una caída). Dende aquí quero desexarvos en nome de todos unha moi pronta recuperación.
Ademáis diso, tampouco valoramos positivamente que varios xogadores do Vilalbés non xogarón nin un só minuto, e que moitos deles marcharon enfadados e protestando ó árbitro do encontro, lanzando botellas contra o chan... cando simplemente era un partido de liga máis.

miércoles, 1 de octubre de 2008

Crónica La Voz de Galicia

Aquí vos deixo a crónica do suplemento de La Voz de Galicia correspondente ó partido ED Chantada - SDC Polvorín.


Nota: no fondo da páxina está a clasificación actualizada

sábado, 27 de septiembre de 2008

Alevíns e infantís completan bos partidos

"Este sabado 27 de Setembro as ED Chantada enfrontáronse á SDC Polvorín en alevíns e infantís"

Por un lado, os alevíns das Escolas impuxéronse nun partido amistoso ós alevíns do Polvorín por un amplo 6 - 1, no que se deixaron ver minutos de moi bo xogo por parte dos rapaces que entrena Jorge. Os rapaces que hoxe vestiron a elástica das Escolas foron: Ferreiro, Matías, Xabi, Méndez, Adrián Fdez, Félix, Adrián Viana, Carlos, Dani, Alex, Sergi, Heber e David Manuel (creo que non me esquezo de ningún). Ademáis de felicitalos, decir que dende os equipo infantil queremos agradecerlles o seu apoio incondicional durante todo o noso partido. Moitas gracias.


Por outra parte, o partido da cuarta xornada da liga infantil rematou cun ED Chantada 2 - SDC Polvorín 1, resultado apretadísimo que conquerimos de penalti contra o minuto 77 de partido.


No primeiro tempo, o dominio foi plenamente local, con minutos de moi bo xogo por parte dos chantadinos. Así, durante os primeiros 40 minutos, foi moi frecuente ver os laterais dobrando en varias ocasións os seus respectivos interiores, ademáis do cal se viron diferentes combinacións entre interiores, mediocentros, mediapunta e dianteiro. Polo demáis, comentar que corría o minuto 30 cando Iván marcou un extraordinario gol pola escadra dende 20 metros. Resultado co que iriamos ó descanso.


No segundo tempo, cambiou a tónica do partido, e cando iban tan so 2 minutos, o Polvorín conseguiu o seu gol á saída dunha falta lateral, nun erro de marcas xeral da defensa local. A partir dese momento o partido volveuse moi farragoso e desputado, cas Escolas tentando combinar e o Polvorín saíndo á contra con relativo perigo. Contra os minutos finais o Polvorín tivo varias ocasións (entre elas un córner que case remata en gol),e nunha delas mesmo conseguiu marcar, non obstante, Sergi, dianteiro do Polovrín atopábase en fóra de xogo. Faltaban 3 minutos para o remate do partido, e nun dobraxe sobre Adri, Migui recibe balón, centra e un xogador do Polovorín toca ca man dentro da área. O penalti transformouno Manuel Fdez, facendo o definitivo 2 - 1 e desatándose unha ledicia xeralizada no bando local. No tempo de compensación (5 minutos) non houbo ocasións nin para uns nin para outros.


Felicidades a todos, hoxe douvos o meu recoñecemento ó esforzo. Fixémolo ben e puidemos xogar mellor, pero aínda así, estou moi contento con todos porque non bos reservastes nin o máis mínimo esforzo. Ese é o bo camiño. Agora a descansar e a desfrutar do fin de semana.


miércoles, 24 de septiembre de 2008

O algodón non engana

É habitual nos adestramentos ver xogadores que non realizan adecuadamente os exercicios de estiramento. Pero ben, pensando que era unha rareza miña o pasado venres grabei o adestramento para ver a cruel realidade. Serán certas as afirmacións de: "Héctor, ¡Eu estirei, eh!", "De verdade que sí que estirei, preguntalle a...", "Eu iste xa o fixen, vou máis adiantado", etc, etc, etc, etc...