A pasada xornada de fútbol infantil en O Sangoñedo deixou 3 puntos no casilleiro local.
O pasado sábado día 13 os rapaces das EDM Chantada coneguiron sumar os 3 puntos ante un Ribadeo que partía como favorito para este encontro. Os mariñaos que visitaban Chantada logo de perder pola mínima ante equipos importantes como Viveiro e Sagrado Corazón non foron quen de conseguir sumar en O Sangoñedo (campo do que só se escapou o punto da SDC Residencia).
Comezou o partido con claro dominio visitante, que paulatinamente foi desaparacendo a medida que pasaban os minutos. Contados centros levaron perigo á área de Álex (córners, faltas e xogadas derivadas das caídas á banda do dianteiro visitante). Pola súa parte, os chantadinos so se achegaron en varios saques de esquina con remates de Adri e David. No minuto 30 un centro de Iván é recollido dentro da área por Migui, que logo de regatear ó porteiro é derrivado por un defensa do Ribadeo. O encargado de transformar o penalti foi novamente o porteiro Alex... Con este 1-0 chegaríase ó descanso.
Na reanudación o partido seguiuse a xogar en campo chantadino, aínda que ben é certo que non houbo un dominador claro. O máis salientable foron dous anzamentos de Adri logo de ´dous pases en profundidade de Iván. Contra o minuto 20, Pedrosa (o mellor do Ribadeo) foi expulsado por dobre cartón amarelo.Nese momento parecía que o partido estaba controlado, gañando 1-0 e cun xogador máis. Contra o minuto 30, un erro en cadea de lateral e centrais chantadinos logo dun saque de banda, deixa a un visitante fronte a Álex, quen resolve cunha vaselina á que non pdoe chegar Noé.
Parecía que novamente os infantís se complicaban a vida nun partido controlado. Non obstante, ós poucos minutos, apareceu unha combinación entre Iván e Adri quen cruza ante a saída do porteiro e establece o 2-1. Acto seguido, nun saque de portería do Ribadeo, moi atento, Adri recupera o balón e supera ó porteiro dende a frontal da área. E xa deica o final do partido non moito máis que salientar.
A nota negativa: deixarse empatar xogando contra 10.
A nota positiva: a remontada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario