domingo, 2 de noviembre de 2008

Crónica da Xornada 9

Na mañá do sábado 1 de Outubro, alevíns e infantís das EDM Chantada desputaron os seus respectivos encontros no Sangoñedo; unha maña condicionada por unha climatoloxía adversa caracterizada por moito frío e moitisima auga.

Coma de costume, os alevíns das EDM Chantada, que xogaban contra o Sagrado B na xornada 3, colleitaron unha ampla victoria, que ó termo dos 60 minutos reflexou un contundente 9-0. De principio a fin foi un partido sen historia na que os rapaces de Jorge amosaron un xogo combinativo moi acusado que propiciou numerosas ocasións de gol, facendo o encontro moi vistoso para os afeccionados locais.

Xusto despois, os infantís acometeron a súa xornada 9 na que se enforntaban ó San Xosé, equipo filial do Sagrado Corazón. De principio a fin, e pesar de diversas imprecisións, os chantadinos dominaron a posesión do esfericos durante os 80 minutos achegándose en numerosas ocasións á portería lucense, pero ben é certo que sen crear excesivo perigo. No primeiro tempo, cabn destacar varios lanzamentos dende fóra da área de Dani e Artai, dúas internadas de Adri e varios centros de Joji; aínda que o gol foi obra de Darío a pase de Adrian logo de que este recibira un pase en profundidade das botas de Iván. No segundo tempo, a tónica foi similar, cunhas EDM Chantada volcadas e tratando de aumentar o marcador. Con todo, a pesar do dominio as ocasións non daban chegado con excesiva continuidade,e aquelas que o facían eran marradas polos dianteiros chantadinos: en sendas ocasións Dani e Darío quedaron sós diante do porteiro pero non concretaron. Quen sí o faría sería Samuel, que aproveitou o rexeite do porteiro rival a lanzamento de Dani, para establecer o definitivo 2-0. Pola súa parte, mencionar o excelente traballo da liña defensiva, que evitou que Alex tivese que traballar o máis mínimo, limitando a súa actuación a unha saída da área para despexar un balón no primeiro tempo.