"Este sabado 27 de Setembro as ED Chantada enfrontáronse á SDC Polvorín en alevíns e infantís"
Por un lado, os alevíns das Escolas impuxéronse nun partido amistoso ós alevíns do Polvorín por un amplo 6 - 1, no que se deixaron ver minutos de moi bo xogo por parte dos rapaces que entrena Jorge. Os rapaces que hoxe vestiron a elástica das Escolas foron: Ferreiro, Matías, Xabi, Méndez, Adrián Fdez, Félix, Adrián Viana, Carlos, Dani, Alex, Sergi, Heber e David Manuel (creo que non me esquezo de ningún). Ademáis de felicitalos, decir que dende os equipo infantil queremos agradecerlles o seu apoio incondicional durante todo o noso partido. Moitas gracias.
Por outra parte, o partido da cuarta xornada da liga infantil rematou cun ED Chantada 2 - SDC Polvorín 1, resultado apretadísimo que conquerimos de penalti contra o minuto 77 de partido.
No primeiro tempo, o dominio foi plenamente local, con minutos de moi bo xogo por parte dos chantadinos. Así, durante os primeiros 40 minutos, foi moi frecuente ver os laterais dobrando en varias ocasións os seus respectivos interiores, ademáis do cal se viron diferentes combinacións entre interiores, mediocentros, mediapunta e dianteiro. Polo demáis, comentar que corría o minuto 30 cando Iván marcou un extraordinario gol pola escadra dende 20 metros. Resultado co que iriamos ó descanso.
No segundo tempo, cambiou a tónica do partido, e cando iban tan so 2 minutos, o Polvorín conseguiu o seu gol á saída dunha falta lateral, nun erro de marcas xeral da defensa local. A partir dese momento o partido volveuse moi farragoso e desputado, cas Escolas tentando combinar e o Polvorín saíndo á contra con relativo perigo. Contra os minutos finais o Polvorín tivo varias ocasións (entre elas un córner que case remata en gol),e nunha delas mesmo conseguiu marcar, non obstante, Sergi, dianteiro do Polovrín atopábase en fóra de xogo. Faltaban 3 minutos para o remate do partido, e nun dobraxe sobre Adri, Migui recibe balón, centra e un xogador do Polovorín toca ca man dentro da área. O penalti transformouno Manuel Fdez, facendo o definitivo 2 - 1 e desatándose unha ledicia xeralizada no bando local. No tempo de compensación (5 minutos) non houbo ocasións nin para uns nin para outros.
Felicidades a todos, hoxe douvos o meu recoñecemento ó esforzo. Fixémolo ben e puidemos xogar mellor, pero aínda así, estou moi contento con todos porque non bos reservastes nin o máis mínimo esforzo. Ese é o bo camiño. Agora a descansar e a desfrutar do fin de semana.
.jpg)
